CITA PREVIA 900 80 94 91
SANTIAGO DE COMPOSTELA

O equipo médico do centro está composto por dúas dermatólogas, a Dra. Sandra Mateo e a Dra. Ana Varela, ambas especialistas en Dermatoloxía Médico Cirúrxica, Estética e Venereoloxía. A experiencia laboral das dúas abarca tanto o ámbito da sanidade privada como da sanidade pública, onde traballaron xuntas no Hospital Universitario de Ferrol.

Dra. Sandra Mateo

Dermatóloga, Directora Médica

  • Especialista en Dermatoloxía Cirúrxica, Estética e Venereoloxía.
  • Máster en Medicina Estética.

Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela no 2009, a Dra. Sandra Mateo cursa vía MIR a especialidade de Dermatoloxía Médico Cirúrxica e Venereoloxía no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e completa a súa formación universitaria cun Máster en Medicina Estética e Antienvellecemento na Universidade Complutense de Madrid.

A súa experiencia profesional empeza no ámbito da medicina pública, onde estivo a traballar durante varios anos no Servicio Galego de Saúde (sobre todo no Hospital Clínico Universitario de Santiago e no Hospital Universitario de Ferrol), para seguir na medicina privada, destacando a Clínica Dermatolóxica Dra. Sandra Mateo (Santiago de Compostela), Sanugal (Ourense) e Instituto Médico Estético de Madrid (exclusivamente ciruxía).

Dra. Sandra Mateo, Dermatóloga
Dra. Ana Varela

Dra. Ana Varela

Dermatóloga

  • Especialista en Dermatoloxía Médico Cirúrxica, Estética e Venereoloxía.
  • Máster en Dermatoloxía Clínica

Licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, a Dra. Ana Varela cursa vía MIR a especialidade de Dermatoloxía Médico Cirúrxica e Venereoloxía no Hospital Clínico Universitario de Ferrol. Ademais, complementa a súa traxectoria formativa realizando o Máster en Dermatoloxía Clínica e os tres Expertos Universitarios en Patoloxía dermatolóxica máis frecuente, Enfermidades dermatolóxicas inflamatorias e hereditarias Dermatoloxía oncolóxica e infecciosa, impartidos pola Universidade CEU- Cardeal Herrera.

A súa experiencia profesional abarca a medicina pública e a dermatoloxía privada, xa que estivo a traballar durante varios anos no Servicio Galego de Saúde (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e de Ferrol), e na Clínica Dermatolóxica Dra. Sandra Mateo, en Santiago de Compostela. Ademais, puido formarse na Unidade Cirúrxica referente do Complexo asistencial de León, na Unidade de Ecografía Cutánea do Hospital Puerta de Hierro (Majadahonda) e na Unidade de Dermatoscopia dixital e Oncoloxía Cutánea da Empresa Hospitalaria Universitaria da Università degli Studi della Campania "Luigi Vanvitelli" (Nápoles).