fbpx
CITA PREVIA 900 80 94 91
SANTIAGO DE COMPOSTELA

Dermatite perioral. Cando os granitos saen ó redor da boca.

A dermatite perioral consiste na aparición de escamas, pequenos graos ou graos de maior tamaño ó redor da boca. É moi frecuente, pero a miúdo trátase erroneamente e neses caso é cando empeora a súa evolución. Con menos frecuencia, estas lesións na pel poden aparecer ó redor doutros orificios, coma o nariz ou os ollos, polo que algúns expertos recomendan utilizar o termo menos extenido de dermatite periorificial.

A enfermedade acostuma producir proído e pode chegar a molestar o uso de cremas e xabóns onde estea localizada.

Quen a padece?

A dermatite perioral é máis frecuente entre as mulleres dende os 16 ós 45 anos de idade, pero pode aparecer en persoas de calquera idade e tipo de pel.

Por que ocorre?

O mecanismo polo que aparecen estes graos non está totalmente claro. Realizáronse varios estudos nos que atopáronse algúns factores que poidan facer que apareza a enfermidade con maior probabilidade:

  • Fallos na integridade da barrera cutánea: problemas de irritación ou de dermatite atópica detectáronse con máis frecuencia na xente que padece dermatite perioral.
  • Uso de cosméticos: o uso de maquillaxe ou cremas moi espesas pode desencadenar ou empeorar a enfermidade.
  • Uso de cremas con corticoides: debido á frecuente confusión da enfermidade con eccemas ou dermatite seborréica, é frecuente o uso de corticiodes. Esta práctica ademáis, engaña ó doente, que soe mellorar nos primeiros días e empeorar nos seguintes, polo que recorre á crema con máis frecuencia da recomendada tanto que ás veces chega incluso a lesionar a pel.
  • Proliferación de xermes: tanto a oclusión coma o uso de corticoides favorece o crecemento de xermes e fusobacterias ou cándida, empeorando así a pel.
  • Hormonas: tanto as fluctuacións hormonais naturais nas mulleres coma o uso de anticonceptivo oral pode ter relación coa evolución da enfermidade.

É difícil de diagnosticar?

O diagnóstico normalmente é sinxelo e realízase mediante a observación da pel do doente. É importante poñerse nas mans dun profesional, porque é frecuente que as lesións se poidan malinterpretar coma eccema, acné, dermatite seborreica, infeccións ou rosácea, instaurando tratamentos que amais de non ser efectivos provocan un empeoramento da enfermidade.

Que debo facer?

En ocasións a dermatite perioral resólvese sen necesidade de tratamento, simplemente seguindo unhas recomendacións xerais, pero na maioría dos casos tarda meses ou anos en desaparecer sen aplicar nada e debido ó impacto social e a incomodidade do doente, normalmente preferimos acelerar a súa desaparición con tratamento.

Recomendacións xerais

  • Suspender o uso de cosméticos, cremas graxas e xabóns: recoméndase non utilizar nada na cara ou no caso de ser necesario por sequera ou tirantez, só unha crema hidratante pouco graxa.
  • Suspender o uso de corticoides en crema.

Tratamento en crema: descríbese melloría co uso de certos tratamentos en crema coma o pimecrólimus, eritromicina, metronidazo ou ivermectina. Os tratamentos son lentos, requirindo varias semanas de aplicación e producindo picor en ocasións. É moi importante ter paciencia e consultar có dermatólogo no caso de non tolerar o tratamento.

Tratamento en pastillas: tetraciclinas e macrólidos, que se usan noutras enfermidades da pel coma o acné ou a rosácea, son os tratamentos de elección na dermatite perioral. Son máis rápidos e efectivos que os tratamentos en crema, pero teñen a contrapartida de que ó ser tratamentos orais poden producir máis reaccións adversas.

Para evitar esta enfermedade tan frecuente en mulleres, recomendamos manter a pel limpa, libre de cosméticos e irritantes innecesarios. En caso de notar molestias na pel como sequera, proído, tirantez o falta de brillo, a consulta cun dermatólogo pode axudarte a seleccionar os tratamentos estéticos ou as cremas diarias adecuadas para a túa pel

 

Leave a Comment